BrasilArchive for the ‘’ Category

Suburbia

22 de Xullo de 2009

metro2

 

Un poema de Oscar Mourave. Do libro Suburbia (Estaleiro Editora, 2009).

 

Quinta-feira era o teu dia mais precioso

porque jantavas em casa dos teus amigos

Ashfaq, Ahmad e Abid —os paquistaneses

 

não percebias urdu, mas sabias o que era  uma família

e, cerimonioso, dizias sempre bismilah à mesa

tu o agnóstico

 

e naquele momento, enquanto à saida do metro

centenas de pessoas ainda rumavam para casa,

tu redicionarizavas o mundo em decomposição

 

e recomeçavas tudo na letra «a»

porque querias pertencer também àquele

mundo substantivo.

 

 

 

 

Europa: identidade e diferenza

8 de Xuño de 2009

 

repensarmosEntre os vindeiros 8 e 10 de xullo terá lugar na Faculdade de Filosofía compostelá, no marco da Universidade de Verán 2009 da USC , o curso Repensarmos Europa á luz da diferenza. Procesos emerxentes e enclaves culturais, dirixido por Raquel Bello e María do Cebreiro Rábade. A páxina institucional da Universidade de Santiago de Compostela informa sobre o programa do curso e sobre a normativa en materia de bolsas e matrícula (o prazo remata o venres 26 de xuño). Tomo as notas que seguen do blogue do Grupo Alea de Análise Poética (GAAP).

Os obxectivos do curso cífranse en tres: facer visíbeis as implicacións sociais dos fenómenos vinculados ás coordenadas da emerxencia cultural e dos movementos migratorios no contexto europeo, impulsar a análise das manifestacións culturais procedentes de marcos aos que tradicionalmente se adxudica unha representatividade e/ou unha lexitimidade insuficientes e abrir horizontes na investigación interdisciplinar dos fenómenos e procesos emerxentes, incorporando puntos de vista antropolóxicos, de xénero, xeoculturais, sociolóxicos, políticos, económicos, tecnolóxicos, mediáticos, xurídicos ou estéticos.

O curso Repensarmos Europa á luz da diferenza pretende ser non só unha actividade de divulgación, senón tamén un encontro entre especialistas na análise da cultura nos seus diferentes aspectos. En que medida os movementos migratorios están a afectar a redefinición das identidades europeas? Cales son os vínculos, pasados e presentes, entre as culturas europeas e as culturas africanas e latino-americanas? Podemos aínda falar dunha cultura europea? Responden os discursos contemporáneos sobre Europa a unha realidade ou a unha aspiración?

Estas son algunhas das preguntas que servirán como eixe para o desenvolvemento deste curso. A redefinición de conceptos teóricos como os de enclave, fronteira, interculturalidade, identidade ou diferenza será tomada como ferramenta para a análise destes procesos e para explicar en que medida afectan á vida das persoas, así como para estimular a discusión conxunta dalgúns dos debates mais presentes no mundo contemporáneo.

Participarán como relatores Itamar Even-Zohar, Elias Torres Feijó, Nacira Guénif-Souilamas, Xaime Barreiro Gil, José M. Díaz Lage, Carlos Valcárcel, Samuel Rego, Humberto Martins, António Medeiros, Pilar Cagiao e Graziela Moraes da Silva. Alén destes relatorios desenvolverase unha mesa redonda de escritores moderada por María do Cebreiro Rábade, con participación de Limam Boicha, Joaquim Arenas, Chus Pato e Manuel Outeiriño. Varios membros do CIEPE (Raquel Bello, Manuela Palacios e Arturo Casas) presentarán o curso e introducirán algúns dos relatores, como tamén o farán Ánxelo González, do IGADI, e Antón Corbahco Quintela, da Universidade Federal de Goiás. O xoves 9 pola tarde proxectarase o filme de Pedro Costa Juventude en marcha (2006), presentado polo propio director.

A inauguración será o mércores 8 de xullo ás 10 h. a cargo da Vicerreitora de Cultura da USC, Elvira Fidalgo. Colaboraron coa organización e o financiamento do curso de verán a propia Vicerreitoría de Cultura, o CIEPE, o Grupo de Investigaçom GALABRA da USC, a área de Teoría da literatura e Literatura comparada da USC, o Concello de Santiago de Compostela, a Deputación da Coruña, a Alliance Française e o Instituto Camões.

 

Minhos e frangos

18 de Setembro de 2008

Algo sobre “Os camiños da vida” de Ferrín hoxe no Faro de Vigo e en La Opinión. Desde hai moitos anos estou convencido de que o único camiño transitábel para un reencontro efectivo de recoñecemento mutuo, aliviado de resentimento histórico, entre nós e os máis que plurais mundos construídos en lingua portuguesa —entre culturas e non só entre elites culturais ou grafías— non cruza o Miño senón o Atlántico. Eurorrexións á parte, Brasil debería ser meta prioritaria, ten de selo.

[…]

ps1. A fotografía corresponde a unha guía de Lisboa entregada cun xornal galego en 2004. A lenda sobreimpresa proclama: “El pollo, ingrediente básico del frango”.
ps2. Este post e algúns dos previos non corresponden á data nin á hora que Blogger marca.