mundoArchive for the ‘’ Category

Eu: cesura

28 de Xuño de 2009

 

xv-atalaia-goethe-iii

3 de abril

Se cadra poeta é aquel, aquela que fai concordar a súa disposición coa identidade dun idioma. A identidade dun idioma, de calquera idioma, pronuncia o mundo pero as súas declaracións non converxen co mundo.

Quizais (psicoloxía?) ser poeta sexa facerse cargo da cesura, constituírse en secesión, nesta imposibilidade que teñen as linguas para que conflúan as cousas e as palabras. Un poeta asevera eu          eu é un lugar despoboado, un silencio, un corte, unha distancia.

Por ese horizonte pasa o idioma, nesa liberdade pulsa as cordas da lingua (da cítara, do eco, do vento), reverbera o ritmo. Unha poeta escoita a cadencia, as infinitas voces do mundo —as emancipadas, as que son escravas— e que nunca cadran, nin estarán en conformidade co mundo. Un poeta lembra as escrituras que o preceden, as que virán, as que aínda non naceron. Unha poeta admira as imaxes que agroman da veloz materia que é un acorde, un soño, unha voz. Un poeta sabe que as palabras nunca terán poder para harmonizar. Que ningún poema será nunca señor de si, nin do idioma, nin do mundo.

(Chus Pato, “Mentres escribo”, Secesión, 2009)

[Xesús Vázquez, Atalaia Goethe III, 1987] 

Adieu, camarades! (Depretto 6 dito con dervichia basal, morfopsicose meteplóxica e outras contrepètteries onfaloscópicas)

26 de Outubro de 2008

Atourizouse golo fronte ao comedario do licuador, o óndulo entre os isterións rostulares, xa sen desmemoria histérica naquel cenario xardinal da Famille des Plantes. Ubliara nas últimas tres índicas as émanacións plotinas de Dalila. Había dúas toneladas ou máis de peixaría morta para cómpostaxe (10.000 hits abondan xa), o máis dela récoñecíbel só por metempsicose, sen vollos nin hentre tralo acousadoiro das iduras, os únicos nódulos que sobreviviran á ábandonaxe ademais do plecorme mnemo, outra especie ámerinaria das Orixes. Dalila alicerzara que o mnemo cricimecimentaba sen pasas nin refluxo esofáxico nenhum desque o marcara con dous años xa sacrificados na Pascua de Morlaix, onde os xudeus. Era unha amáciga espezónica con pasecto de cropeder doutro roncón-da-historia: desenvolvera as clapas lomboides do éntrecote semicrú pa resistirmos os golpes contra os chorras do Hórreo nas correntes daquelas virxes a rir de noso. Ínxestábase de galas e, se estas faltaren, das vieiras non licuadas de Chez Vincent… ou do que ceibo correr Gaiás arriba nos dez áltimus unus. Medía uns vinte metros e a súa eneza, trubal, caborme —cáseque un certo do porzomillo—, situábase no outro cristo da mise-en-abîme, no fondal de vós, tamén lentispresiva e tenra como a cadela políglota de Steiner. Acorde con ilo, non lle custou follar o peixe pero acabou coas mans ensanguentadas (ovblie outros detalles, Rembrandt!), féridas e escuras polos mespiños xerseis do fleto. Espírase na pulpaxe porque ía balor e a loita alentaba númida entre aspaxe de eidos eólicos, rompida como colaxe no pazo gótico: novas retas, novos metos. Nos días máis escrentes apenas recentira sobre lalepia. A situación chegara a un clobeo basal. Empezara así a emparedar a escrita. Tamén a panar o propio corpo (ovos de curral + pan rallado). Nalgún memento mori, cando non sonsacaba que a pel se dípregase do que a voz ímpragaba, sanguérase fixos, como arume electrolítico de crema catalá. Islandia afundía sen isoglosa e baselaba entón un sorbo hendecasílabo ou grolo mnemotécnico, lido nun derviche mentor da escola do Barcés-Mandeo do que non memoraba ombreiro pero agora si que o ha membrar a istaria porque quixemos firmar aquí: estúvoda afiebencouco aquí o conseieiro detraballo e palgunha lápida sepulcral ou lépitafio poreimos por lle éxtirpardes mención Garcés perante o clamor do blogomillo quasi inánime. Eis o grolo: “unha louca sen sostén até a notura”, “unha sota sen loriga até a sutura (inguinal)”.