pensamentoArchive for the ‘’ Category

Vita activa

24 de Febreiro de 2009


As palabras de peche do libro de Hannah Arendt The Human Condition (Chicago, 1958) son para recuperar unha máxima de Catón: “Nunca ninguén está máis activo que cando non fai nada, e nunca estará menos só que cando está consigo mesmo”. Conservando algo de sentido estas palabras, en especial coñecendo o valor moral e político do triángulo semántico labor – traballo – acción e a lectura que diso se fai por Arendt a propósito do lugar da ciencia na sociedade moderna, o certo é que estes cincuenta anos pasan sobre elas e sobre todos nós introducindo dúbidas sobre as dúas partes da fórmula. Penso que en especial polo peso do que vimos chamando globalización económica, multiculturalismo, hibridación etnosocial…, en definitiva por dous factores que no momento presente fan cuña e teñen a forma dunha patera en medio do océano: a concreción que se dea á mundialización en termos económicos e socioculturais (incluída aí a propia noción de estranxeiría, e aquí son de aplicación Derrida, Spivak… e a solución que a iso se dea Posted in acción, actualidade política galega, crítica, Hannah Arendt, pensamento, traballo, vida | Comentarios desactivados en Vita activa

A ciencia melancólica

21 de Febreiro de 2009

Th. W. Adorno explica na “Dedicatoria” coa que abre Minima moralia. Reflexións desde a vida danada que o libro naceu dunha ocasión case íntima: quería agasallar con el por febreiro de 1945 o cincuenta cumpreanos do seu amigo Max Horkheimer e recuperaren xuntos con eses textos unha ligazón coa que fora tarefa da filosofía en tempos, nos tempos aínda alleos ao método, di Adorno. Copio de seguido algún aforismos:

Só serás amado onde poidas mostrarte débil sen provocar a forza.

A arte é maxia liberada da mentira de ser verdade.

En moitos homes é xa un descaro dicir eu.

Aínda o ser humano máis infeliz é quen de coñecer as debilidades do máis sobresaliente, e o máis estúpido os erros do máis intelixente.

O pasado recente aparécesenos sempre como se fose destruído por catástrofes.

O todo é o non verdadeiro.

A única relación da conciencia coa felicidade é o agradecemento: aí radica a súa incomparábel dignidade.

[Horkheimer saúda a Adorno en Heidelberg, 1965. Á dereita, Habermas]

O Dicionario Enciclopedia do Pensamento Galego

12 de Decembro de 2008

Hoxe presentouse no Consello da Cultura Galega o Dicionario Enciclopedia do Pensamento Galego, coordinado por Andrés Torres Queiruga e Manuel Rivas García. Trátase dun proxecto complexo, plural, de longa e laboriosa execución, cunha comprensión ampla do que sexan a filosofía, o pensamento sistemático e a reflexión ensaística nos moi diferentes contextos e disciplinas nos que os nosos pensadores deixaron marca e discurso. Agora é máis necesario que nunca lembrar, recoñecer, situar e someter a permanente debate esa produción que somos propensos a valorar como dispersa e discontinua.
[Ánxel Huete, Composición]