performanceArchive for the ‘’ Category

Loairas

27 de Xuño de 2009

 

 

neves-raseadas2

 

 

Cadeiras

18 de Maio de 2009

vazquez-e-lorenzo

Lonxe de min non conceder os 100 días famosos. Aínda que ao ritmo que vai o mundo iso é unha frivolidade absoluta. Lonxe de min (logo) conceder os 10 días famosos… Lonxe de min pensar mal de alguén co que aínda xantei o outro día… Lonxe de min entender que un amigo de Facebook se prestaría a un xogo como… Lonxe de min todo iso e máis. Pero, por que carafio esa foto de aí arriba me lembrará tanto aquelas imaxes tan vellas? Si aquelas, esas que poño abaixo. E il quen sería o edecán que dispuxo ese xogo de cadeiras para que Vázquez, que non é máis alto que Lorenzo, poida contemplalo dese xeito tan majestic?

Será que o repousa-occipucio tira del adiante e cara a arriba? Será cousa das cervicais tensas do poder, constrinxidas pola gravata, e máis nada? E Lorenzo, daríase conta da manobra como naquelouta altura se deu Benzino Napoloni? Por que a súa quinésica e mesmo (na parte final deste vídeo) a súa proxémica resultan tan subordinadas á vista se todos sabemos que Feijóo lle garantiu tal e cal xustaposición? Rubirá nalgún momento á mesa de Vázquez?

 

 [kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/5ezvZlYj5Fs" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

 

 [O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez (arriba), e o Secretario Xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo (abaixo), na conferencia de prensa que ofreceron o luns 18 de maio para explicar que se derrogará o ominoso Decreto para logo "consensuar outro cos afectados" (sic, nota de prensa da Consellería). Máis abaixo aínda, escena dobrada ao castelán pertencente ao filme de Charles Chaplin The Great Dictator (1940]

Surrealismos hoxe

2 de Maio de 2009

Magnífica a sección que TriploV dedica ao surrealismo. Atende de xeito particular os cursos do movemento en América Latina, así como a actualidade das prácticas surrealistas en diferentes campos artísticos, literarios e do pensamento.

Recollo aquí as que son case as derradeiras palabras de Woman-bomb, da escritora, directora e teórica croata Ivana Sajko, nalgún sentido relacionada co movemento surrealista. A intervención é do Marqués de Sade:

Ignorance and fear —these are the bases of religion and governance. Fear becomes habitual and changes to need; and our needs rise up, hemming us in, suffocating our lust for liberty.

[Ivana Sajko en Woman-bomb (2004)]