traballoArchive for the ‘’ Category

cEnsura = bOndade ou nube/fraga de tags (poema transcrito do natural)

26 de Xullo de 2009

 

 

fraga-iribarne

 

 

resistencia non máis     a censura pode ser precisa pode ser precisa precisamos máis censura máis censura censura precisamos en certas condicións a censura pode ser necesaria porque en certas condicións a situación     esixe de todos a censura e o premio pois é o pobo e só o pobo e só o pobo quen premia a situación sitúa a normalidade censura en certas circunstancias censura natural o vello di que se deixe traballar          ao amo que non é tal que precisa censura por sentido común a censura pode ser precisa a censura agora como é natural que                     a censura é precisa porque si iso é certo   coas elites e o  resistencialismo non se vai a ningures o resistencialismo resiste resístese e non permite a violencia cordial de vencelo e anular presenza o pobo ordena censura           iso é ás veces é necesaria a censura (practicada por nós) e vós debedes entendelo debedes entender que é precisa a rendición das elites como Castelao o entendeu ao falar da tradición franqueade as portas á censura da Santa Compaña porque é bo para todos e todas para todos a censura é boa para a cordialidade como é natural a censura nosa xa o estades a ver todos é harmónica e natural a censura a censura si por sentido común e el debe traballar como é natural polo pobo si polo   pobo e punto  sen máis incordio de resistencia.

 

 

 

 

 

 

 

 [Manuel Fraga Iribarne fotografado por Benito Ordóñez]

Véxase aquí unha prosificación do anterior. Calíbrese, tras vela, a inmediata influencia da Doutrina Lándoas-Kruschov sobre Cando-se-Debe e Cando-se-Non-Debe Aplaudir un discurso supostamente institucional reconvertido a ataque directo contra un(s) que está(n) no público ou, noutras variantes, a groseira declaración partidista ou mesmo a apoloxía do fascismo. De ser exacto o que relata Xornal de Galicia, só de ser escrupulosamente exacto, ben por Laxe e ben por Touriño. Agasallo para eles (allegro moderato). Deshonra para os felóns (por certo esta palabra encantáballe usala a ese señor a finais dos 80).

  

Apoteose da forma?

22 de Marzo de 2009

Agora vén o problema. Como rematar un auto sacramental que ao tempo é farsa inmóbil? Tira un á apoteose da forma?, á celebración cultural do louco engado escénico?, a esa extraordinaria (en termos espectaculares e tamén relixiosos) invención cristiá da comuñón dos mortais todos (case todos) na divindade dun? Ou tira, polo contrario, a non deixar títere con cabeza entre a catropea de quirópteros e xentalla incomún do batallón dramático (including myself)?, ao riso golseiro e agit-prop do volcán?, ás tripaxes morais exhibidas sobre o escenario xa quieto e gore, como nas cortadorías do antigo réxime e nos economatos franquistas? Opinen. O público sempre ten razón.

[Rob Zombie, House of 1000 Corpses (2003)]

Apelo

16 de Marzo de 2009


A França possuía um serviço público de ensino superior e de pesquisa de qualidade, gozando de independência, de liberdade e de consideração. Em alguns meses, o governo decidiu, brutalmente e sem concertação, destruí-lo e transformá-lo em uma espécie de mercado do conhecimento, da precariedade e do arbitrário.

Os professores-pesquisadores perdem seus estatutos ; seus horários passam a ser segundo « a vontade do freguês ».

Os postos estatuários diminuem de maneira drástica para dar lugar a empregos temporários, aleatórios e dependentes.

Os doutorandos poderão ser licenciados sem motivo nos seis primeiros meses e serão colocados à disposição de empresas sem reconhecimento nem direitos.

A formação dos professores é saqueada.

As Universidades, tornadas « autônomas » (de fato, sobretudo, concorrentes e sob contrôle estatal reforçado) e sem orçamento suficiente, ver-se-ão evidentemente dentro em pouco constrangidas a tornar pago o ensino e a se submeter aos agentes financeiros de suas regiões.

O CNRS é suprimido e transformado em agência de meios distribuídos por tecnocratas.

Os pesquisadores são avaliados segundo critérios « quantitativos » ineptos e inadaptados, rejeitados por todas as sociedades científicas.

Nós, universitários e pesquisadores de todos os países, reconhecemos nisso medidas burocráticas, venais e perigosas, que se tentou e se tenta impor em outros países.

Por essa razão nós somos solidários aos universitários franceses. Se, no país da Enciclopédia, de Voltaire e de Rousseau, da Declaração dos Direitos do Homem, a educação e a pesquisa são reduzidas ao estado de comércio e submetidas à discreção dos poderes, é a liberdade do mundo inteiro que se encontra ameaçada.

[Cartel de chamamento á mobilización contra a política de educación do goberno Sarkozy. O texto tómase textualmente da versión en portugués do Appel international à tous les universitaires do Institut Camille Jordan da Université de Lyon, en cuxa páxina web poden verse algúns dos textos fundamentais que centran debate e resposta social no momento]

Vita activa

24 de Febreiro de 2009


As palabras de peche do libro de Hannah Arendt The Human Condition (Chicago, 1958) son para recuperar unha máxima de Catón: “Nunca ninguén está máis activo que cando non fai nada, e nunca estará menos só que cando está consigo mesmo”. Conservando algo de sentido estas palabras, en especial coñecendo o valor moral e político do triángulo semántico labor – traballo – acción e a lectura que diso se fai por Arendt a propósito do lugar da ciencia na sociedade moderna, o certo é que estes cincuenta anos pasan sobre elas e sobre todos nós introducindo dúbidas sobre as dúas partes da fórmula. Penso que en especial polo peso do que vimos chamando globalización económica, multiculturalismo, hibridación etnosocial…, en definitiva por dous factores que no momento presente fan cuña e teñen a forma dunha patera en medio do océano: a concreción que se dea á mundialización en termos económicos e socioculturais (incluída aí a propia noción de estranxeiría, e aquí son de aplicación Derrida, Spivak… e a solución que a iso se dea Posted in acción, actualidade política galega, crítica, Hannah Arendt, pensamento, traballo, vida | Comentarios desactivados en Vita activa