Coa lúa no couce

 

Hai que sincerarse, por unha vez. Nestes derradeiros días de vacación a un só lle presta baixarse un dixestivo de Bombay Sapphire con Hippolytus, lembrando as ondas de Ortegal, poñer Cadena Cien camiño do híper e ver algunha peli de acción antes de entrar nun longo semicoma.

 

hurtlockerg

 

 

2 ResponsesCoa lúa no couce to “”

  1. r.r. Says:

    Hai que irlle, para seguir resistindo o verán tan azul, a un coctelódromo betanzano no que seica son virtuosos da mestura. Está pola Reel Street arriba, e sei de xentes persoas de moi bo criterio no asunto de humedecerse por dentro que darían fe do acertado a miña escolla. Que a proposta lle pareza boa a vostede xa é outra cousa.

  2. lándoas Says:

    Tomo nota, don Rubén. A sequidade non é boa para o espírito.