E pur si muove

 

hlg1-4

 

2 ResponsesE pur si muove to “”

  1. rita Says:

    Podería dar algunha referencia máis? Grazas

  2. lándoas Says:

    Mil desculpas, Rita. Era só unha inocente brincadeira de agosto composta sobre o escritorio. Empecei a xogar coas pinzas e vin que saía un cervo con sede. Lembrei que O Naranxo me comentou no Eirón como no verán baixan ás praias de noite, non sei exactamente a que, raposos, corzos e xabaríns. Hai dous anos vimos un corzo desfeito contra as rochas alí. Caería monte abaixo. O cervo do monte á auga volvía. Pero Meogo, xa sabe. Non puiden conterme, porque ademais sei necesaria esa nova historia. Logo seguíu o xogo coa tipografía e a editora Selva Selvaggia, inexistente por desgraza. Alén diso, é tempo fasciculario, como sempre nestas datas. Fascículos por todas partes. Poderá desculparme? Non todo o que poño no blogue é falso. Tampouco todo é verdadeiro. Os blogues non teñen estatuto aínda. Este polo menos non o ten. Como somos tantos a escribir nel. Prometo reformar a man que manda, que é esta miña. En setembro, cando remate a vida semisalvaxe do que Pepe chamou calendario perpetuo de agosto. Que horror, quedan horas.