Un fascista é un fascista é un fascista

 

noivosdaparca2 

 

franco-e-landoas1

 

8 ResponsesUn fascista é un fascista é un fascista to “”

  1. morouteira Says:

    Arredor do tema da memoria histórica e a retirada, tan tardía que dá vergoña, da estatua de Millán Astray, escoitei este día na Ser un pedazo dunha tertulia onde falaba un rapaciño que recoñecía non saber nada sobre o lexionario que nos ocupa, pero que non dubidaba en afirmar que á xente non lle interesaba nada a eliminanión dos símbolos fascistas da cidade, que máis que memoria era rencor histórico e que o que lle interesaba á xente era mirar cara ao futuro.
    Pensei que se trataba dun membro das novas xeracións do PP que levaba ben aprendida a lección, pensei que a ignorancia é ousada, pensei que necesitamos dar boas clases de historia na secundaria, pensei en todos os que aínda viven e non saben onde están os restos dos seus seres queridos, pensei que calquera pode formar parte dunha tertulia.
    Por certo Lándoas, fan boa parella Negrera (que non permita que lle impoñan o apelido) e o señor ese que dixo morra a intelixencia.

  2. Un lector Says:

    Magnífico, señor Lándoas!

  3. suroeste Says:

    Moi podres tiña os dentes o Millán Astray! o gremio de dentistas coruñeses debería opoñerse enérxicamente a que sexa considerado “coruñés de pro”.

  4. Lupín Says:

    e os vendedores de prótesis tamén pois ollo de vidro só o poñía de cando en vez

  5. arume dos piñeiros Says:

    Pola piorrea hacia dios.

  6. José Fornelos Solla Says:

    Sureste, o das duas fotografias é Franco, non o Millán de “Viva la muerte!”.
    Morouteira, cadro conforme: o de Negreira (n o canto do autentico Negrera), iso sí é imposición.

  7. suroeste Says:

    Señor Fornelos: o da fotografía de arriba á dereita de Negreira é Millán Astray, o da fotografía de abaixo á dereita de Franco é Don Artemio Lándoas nunha anterior reencarnación.

  8. Acuática Says:

    Vaia demostración de control do photoshop.
    Bravo!