Engado do ritmo

 

manuel_da_costa

El ojo que ves no es
ojo porque tú lo veas;
es ojo porque te ve.

Ás veces, os poetas, levados polo engado do ritmo, equivócanse. Machado dedicou esa rara consideración dos seus Proverbiosrara para ese peixe de arriba, sen ir máis lonxe— a Ortega y Gasset, autor do ensaio “Vida como ejecución (El ser ejecutivo)”. É probábel que alguén a usase xa para falar da superación hermenéutica da fenomenoloxía, asunto no que un reflexionaba en agosto perante certo queipo con xardas (mortas). Así que o problema maior da conciencia parece ser o problema da diferenciación entre vida e morte. Como Machado non tiña nada de barroco, pensou pouco nos ollos dos mortos e lembrou só os ollos dos vivos. Así, malia algún espello que mediou entre el e algún reflexo, teorizou a mirada. O problema da conciencia acaso sexa tamén o da priorización da vida propia sobre toda morte allea. O problema da desaparición. Aínda que a morte sexa a dunha xarda e o ollo dela quede convertido en centro que reclama  os ollos nosos? Si.

[Fotografía do brasileiro Manuel da Costa. As xardas, aquí]

 

2 ResponsesEngado do ritmo to “”

  1. Xabier Says:

    Nótese que se en vez dun ollo fose un cagallón, o verso de Machado sería magnífico.

  2. Rue Valette Says:

    E falando de ollos (de xardas tamén) e de desaparicións e, quen sabe?, aparecidos, aí lle deixo esta xoia sobre unha exposición de fotografías das viaxes de Borges que caeu esta temporada en León e que talvez acabe eu visitando un destes días:
    “Por su parte, María Kodama afirmó que está “muy feliz” y, según añadió, Borges también lo estaría de ver que esta muestra, que en realidad es de fotos que tomó en una de las etapas “más felices” de sus vidas, es compartida con gente de otras ciudades.”
    Supoño que si (ou non, a saber), que Borges estaría feliz de ‘ver’.
    Eso, xardas.