Xenízaros arredor

Hoxe é un día algo especial para o blogueiro que subscribe. O amigo Wolfgang sábeo e desde Baviera envía un sorriso turco en imaxes coa música insuperábel de Mozart.
[Luís Seoane, Mar do Orzán]

5 ResponsesXenízaros arredor to “”

  1. Anonymous Says:

    Pois entón aproveito a ocasión para manifestarme e mandar unha aperta grande.
    Con aprezo:Rodrigo Conde.

  2. lándoas Says:

    Grazas, Rodrigo! Non volvimos coincidir nestes meses, pero xa vexo que un anda na rede menos de incógnito do que sospeita. Unha aperta nas saudades daqueles meses para min moi especiais, sei xa que irrepetíbeis, de traballo en man común.

  3. X Says:

    LI parabéns.

  4. tío Pepin Says:

    Que sexan moitos máis, será bo para tod@s. Felicite tamén a Wales Vanderlaken, que debe de compartir data (supoño).
    E por certo, aproveitando que ilustra o post cun Seoane, aproveito para recomendar a exposición de Dubuffet da Fundación, modesta pero recomendable.

  5. Lándoas Says:

    Obrigado, X. Obrigado, Tío Pepín. Vanderlaken é un misterio. Véxoo dúas ou tres veces ao día, pero ignóroo todo del.