Champaña no jacuzzi

Gañou. Apostou e gañou. Gañaron os que prepararon a operación toda no istmo. Gañou Vázquez, que regresará. Moitas cousas se van mover nas vindeiras semanas. Touriño rematou a súa vida política en Galiza. Espero que o faga con dignidade e non permita a culminación de certas operacións ligadas á estratexia do istmo. Quintana non creo que peche a andaina no Hórreo, aínda que queda moi tocado no persoal pola circulación de infamias e a utilización de fotos. Corina xa non terá que abrirse ao exilio. Galicia Bilingüe parecerá que alcanza papel na interlocución e na demolición de certos símbolos e ferramentas, pero a realidade é que comeza a súa disolución (por simple perda de funcionalidade).
Como nas autoestradas, un exceso de cautela orixinou riscos enormes para a circulación, para o progreso social e político do país. No PP non se atreverán a facer todo o que anunciaron en letra de grande ou mediano corpo. Aínda así, veñen tempos de resistencia. Esperemos que de algo máis tamén.

[Santiago Rey, quen mantivo até a xornada de reflexión o manifesto “Yo protesto” ben visíbel na páxina de entrada da edición electrónica do xornal LVG]

4 ResponsesChampaña no jacuzzi to “”

  1. Cesare Says:

    🙂

    o feito, feito queda.

  2. Iacobus Von der Stein Says:

    O pobo é quen máis ordena

  3. SurOeste Says:

    Sábes algo do que din os urólogos británicos acerca dos efectos do champagne nas criadillas dos varoes asinalados?

  4. lándoas » Arquivo do blogue » “Chapuzas gallegas” Says:

    […] logo, a sección “Chapuzas gallegas” de LVG —curiosamente iniciada cun jacuzzi na ligazón arriba marcada— non semella moi orientada ao sentido que a Secretaría de Medios di […]