Coincidencias?

Mágoa que coincidan no tempo a II Semana de Poesía Salvaxe, que ten lugar en Ferrol estes días, e o II Simposio Poéticas de Resistencia, que ten lugar en Compostela e arrinca mañá con algúns actos previos ao debate máis académico. Ou quizais sexa signo de algo esa coincidencia, pois ambos eventos recollen actitudes nalgún sentido converxentes sobre a renovación da poesía e (quizais máis importante) do concepto e da percepción pública da poesía nas sociedades deste tempo noso.

A poesía xa non pode ser reducida a espazos conceptuais marcados polo vello suxeito (masculino, etc.) hiperestésico. Tampouco non a simple eufonía moral ou a música de fondo con sintaxe ben composta. Moito menos, e un segue a escoitalo, a trasunto sublime de non sei que tensión espiritual. Algo novo abrocha desde hai moito tempo xa. A poesía pode ser todo o que se vén de indicar tamén, claro. Pero é iso e moitísimo máis ca iso. Igual que a política é algo máis que Feijóo falando no Hórrreo nun debate de investidura. E o caso é que o que sinalo non dá chegado nin á xente nin a unha boa parte dos que explican á xente estas cousas.

[Cartaz da semana ferrolá dedicada á poesía salvaxe, asunto ao que presta atención o blog Grøenlandia, que medio compromete cos seus seguidores/as formalizar unha crónica do que alí ocorra. Como lectores de Carlos Santiago, e dos demais participantes no evento, desde aquí facemos votos porque ese compromiso se desenvolva con detalle. Sobre o simposio compostelán apareceu xa unha crónica en Praza das Letras. Recolle ademais interesantes declaracións de Iris Cochón, unha das organizadoras do encontro]

14 ResponsesCoincidencias? to “”

  1. Anonymous Says:

    Eu creo que a poesía, a verdadeira poesía, é, sobre todo, un gran fracaso. “El divino fracaso” do que falaba Rafael Cansinos Asséns.
    Pero o fracaso do poeta non é o do resentido nin o do maledicente. Si o do maldito. O fracaso do poeta enxendra máis poesía. Maldita, non maledicente. Sentida, non resentida.

  2. Raffaela Says:

    Pois non estou de acordo. A poesía tamén debe ser maledicente e resentida, por que non? Benedicente, benedicta, bendita, bandida. E corrupta, corrosiva, pedante e antihistamínica. Asi que viva a poesía ou, mellor, merde pour la poesie.

  3. Anonymous Says:

    Mais por que escoller unha flor das miles que florecen. Non será porque se odian as flores. Botánico en horas baixas, naturista sen natura, culturista sen cultura. Está claro: culturismo e non culturalismo. Naturismo e non naturalismo. Posmodernidade.
    Ah, sen querelo saíume un poema de Chus Pato.

  4. Xan Says:

    Cada vez entendo menos este país. Feijóo9, a ver se pos un pouco de orde ho!

  5. Xesteiro Says:

    Vaia a que montaches, Lándoas. Vese que a poetaxe anda un pouco atropelada.

  6. i (gor) Says:

    Senhor Lándoa: ainda poderia recolher também o II Festival de Poesía Galega Contemporánea "PÖÉTICA", este sábado em Poio:
    (http://www.concellodepoio.es/turismo.php?area=02&seccion=25&subseccion=111&evento_ref=00147)

    Os poetas participantes serán: Xiana Arias, Luz Fandiño, Andrea Núñez, Séchu Sende, Marta Dacosta, este seu seguro seguidor, e a guitarrista Maya Grillo.

  7. Anonymous Says:

    E digo eu, poética e resistencia non formarán un oxímoro? E iso dito desde a máis alta entidade académica: a Universidade? Pensar a resistencia desde a poética? E todo iso desde unha poltrona académica? Pensei que a revolución era outra cousa. Platón, volve para botalos da República.

  8. Anonymous Says:

    Eu diríalle ao último anónimo que se dea un paseo pola Universidade (por calquera) e comprobará que por aló non hai só poltronas, senón tamén escanos, taburetes e sillas plegables. Quen segue vendo só poltronas na academia descoñece absolutamente as condicións laborais de moitas das persoas que traballan nese medio. Nin todos os traballadores da Universidade son funcionarios, nin todos os funcionarios descansan en hamacas. Polo demais, cal sería o foro intelectual máis axeitado para debater sobre a resistencia? Porque imaxino que “Anónimo” non negará a conveniencia de debater nalgún sitio, ou en moitos, sobre todo isto.
    María

  9. Iacobus Von der Stein Says:

    Reclamar un premio de poesía do que un é merecedor e facelo insistentemente poderiase considerar poesía de resistencia. Pregunto.

  10. Roland (o da Chanson) Says:

    A resistencia non se premia, meu amigo. Por iso é resistencia. Iso xa sería consistencia.
    Poesía e consistencia. En que consiste a poesía? Contra que resiste a poesía?
    Poesía e premio son dous planos diferentes. A súa relación só pode ser ideolóxica (política) e económica. Cando se fala de premios déixase de falar de poesía. E viceversa.

  11. Iacobus Von der Stein Says:

    Esta resolución-dictamen, que de francés ten o mesmo que o can do Obama, ten recurso?.
    En todo caso, digo eu, terá amparo diante do plenario do Circulo Semiotico de Vite.

    Desdeño las romanzas de los tenores huecos
    y el coro de los grillos que cantan a la luna,
    y a distinguir me paro las voces de los ecos,
    y escucho solamente, entre las voces, una.
    (Un veciño de Collioure)

  12. Roland Says:

    Caro Iacobus: non confunda natura con cultura, nin barbarie con civilización. Xa sabe aquilo de que todo documento de cultura é tamén un documento de barbarie. E non pode ser tamén ao revés porque a barbarie non se documenta. Haberá quen fale da cultura dos bárbaros e, tamén, do bárbara que é a cultura. Nos premios hai poder e o poder, xa se sabe…

  13. Anonymous Says:

    A heteroglosia e a dialoxía bajtinianas falan, precisamente, de escoitar todas as voces e non só unha.

  14. Cristolfaldio da Repingarda Says:

    Mais:
    http://casatlantica.blogspot.com/2009/04/convite.html