De árbores e deuses


En 2004 Eduardo Estévez lanzou o proxecto Lúa Gris, e dentro del a revista de tradución en rede Poesía lunática, da que creo que só chegou a aparecer o número de presentación. Incluía textos de Patrizia Cavalli, Ugo Foscolo, Ingeborg Bachmann, René Char, Vicente Huidobro e Sylvia Plath en tradución a cargo de diferentes colaboradores. Foi unha idea fermosa.

Recupero a tradución que daquela concretara dun texto de Sylvia Plath, o poema “O aforcado” (“The hanging man”), do libro de 1965 Ariel, que hoxe é probábel que formulase doutro xeito:

Colleume algún deus das raíces do meu pelo.
Crepitei como profeta do deserto nos voltios azuis de seu.

As noites escapulíronse da vista, súpetas como as pálpebras dun lagarto:
Mundo de calvos días brancos nunha cunca sen sombra.

Un aborrecemento voitroso prendeume nesta árbore.
De el ser eu, faría o que eu fixen.

By the roots of my hair some god got hold of me. / I sizzled in his blue volts like a desert prophet. / The nights snapped out of sight like a lizard’s eyelid: / A world of bald white days in a shadeless socket. / A vulturous boredom pinned me in this tree./ If he were I, he would do what I did.

[Sylvia Plath e Ted Hughes cos pais deste último nunha fotografía de 1956]

9 ResponsesDe árbores e deuses to “”

  1. Don Gaiferos Says:

    Encomiable o seu apoio á poesía máis nova ou máis recente. A mocidade sempre erguerá a bandeira da poesía. Ánimo, compañeiros, toda a terra é dos homes (e das mulleres).

  2. costraf Says:

    Don Lándoas: propóñolle unha cousa, que tal un comentario multitudinario dun poema? Algo sinxelo sobre o que todo o mundo puidese opinar e sen que vostede dese unha lección exemplar inaugural que acolloase ao persoal.

  3. mylabitt Says:

    Apoio totalmente a proposta de Costraf. Podería ser unha experiencia sumamente interesante. Cada certo tempo vostede encargaríase de glosar e resumir os comentarios para podermos ir avanzando.

  4. swzinia Says:

    Fantástica idea. Unha cátedra de poesía permanente. Un grao de poesía interminable e infinito. Ánimo, don Lándoas. Póñase con iso.

  5. iothurac Says:

    Que boa idea Costraf. Se Lándoas non quere habería que facelo nalgún outro blog.

  6. O representante de Lándoa Says:

    Deixádeme ao rapas tranquilo que ten moito traballo, ainda que éste é capaz de calquer cousa

  7. O representante de Lándoa Says:

    Vedes, xa mo comprometestes, estades mo agobiando.
    O meu cliente precisa tranquilidade, e non vos podañes nerviosos ainda que pasen catro días sen entradas.

  8. Anonymous Says:

    Iso que propón o Costraf é un exercicio/experimento propio dun Máster que eu coñezo! haha Claro que a parte que lle toca a Lándoas de “glosar e resumir os comentarios” é un pouco un marrón. Creo que podemos avanzar sen necesidade dos resumos, Mylabitt.

    Sería fantástico, Lándoas, comentario multitudinario! viva a pluriarquía!

  9. lándoas Says:

    Pero cantos sodes, Swzinia? Por que precisades un poema para comentar, Costraf? Eu non teño inconveniente en propoñelo. Tampouco en evitalo. Abro un libro e sae unha elexía de Arquíloco. Non son cliente teu, Glauco. Só pago por dormir:

    “Como figueira de rocha que sacia un mundo de corvos, igual Pasífila acolle, sosegada, ao estraño”.

    Quen glosa?