Un gran Fito na nosa HC

fitopaez

Exacto. Iso foi o que dixo o presidente Barreiro, o da RAG, en relación coa nova etapa que o Temoneiro Feijóo pactou en Láncara con non se sabe quen. O Pacto e Aparición de Láncara! Eis: espéranos, da man do novo goberno do PP, un Fito na Nosa Historia Cultural. Así o dixo Barreiro e así o anuncian as fotos. Da man, digo, porque iremos dela, da súa man provisora e tutelar, sen imposicións. Confiados, ledos e absortos polos camiños da terra mentres no horizonte de Fisterra emerxe ou afunde un grandísimo ovo astral cun 33% inscrito na casca. Non se sabe de que. Pero todos ficamos unxidos, acaso untados, pola idea da pax lingüística, pola idea do pacto que deixa fóra a Gloria e o seu mariachi.

Virá logo por fin Fito Páez ao Xacobeo 2010? Pasou o tempo das rancheiras no Monte do Gozo? Iso ten que ser!!

E se non se trata diso, que tal se empezan a tratarnos a todas e a todos como cidadáns libres, maiores de idade, dotados dunha intelixencia (emocional) como mínimo parangonábel coa súa propia de seu? Que tal se contan algo do que se coceu (ou fritiu, ou pasou na grella) ao longo dos últimos dez días? Que tal se nos asubían os nomes e os cargos que pactaron e de que andrómenas consideran estar seguros nas institucións chamadas a Raxoi? E, en fin, sen ánimo de amolar, que tal se nos permiten, non só aos 63.929 da manifestación de onte, a reserva da dúbida en relación co que Feijóo promete e compromete? Somos parvos… todos?

[O Fito de Láncara]

10 ResponsesUn gran Fito na nosa HC to “”

  1. albixoi Says:

    Benvido

  2. arume dos piñeiros Says:

    Faltoulle arrimar o tag de cinismo.

  3. Mario Says:

    Eu creo que se parece máis a Tim Burton, e aínda é máis acaído, porque a peli que nos agarda e desas de medo e risas.

  4. Paseante Says:

    Non podía empezar de xeito máis lúcido esta nova etapa, señor Lándoas. É vostede unha voz imprescindible. Por riba, produce tenrura esa caridade (ou como se lle queira chamar)de comentar as palabras do señor presidente da RAG, pero sen poñer o vídeo onde as pronuncia, que calquera pode ver no Youtube, tan amargo que deberían incluír unha nota avisando do perigo de velo. Eu tamén son un deses 63.929 de onte, e tamén quero saber algo de tanto que andan cociñando por atrás. No do 33% é vostede sumamente optimista: iso será o teórico, supoño; a práctica, como as funcións submisas que ansían lamber o eixo de abscisas, tenderá a cero. Xa se encargarán.

  5. X.L. Says:

    e el non se deberá á querencia do noso presidente da RAG polos arcanos, a linguaxe críptica e a discreción masónica?

  6. suroeste Says:

    El tratado de Tordesillas ao lado do Fito de Láncara queda como unha trapallada.

    Que grande é a política!

  7. bouzafria Says:

    63.929? Funcionou o manifestómetro?
    Cando vin a foto pensei en Antón Baamonde con perruca. Supoño que a éste non lle importaría se viñera Cecilia Roth no pack

  8. Lume Says:

    Lembro vagamente un conto nom sei de quem (tenho uma memoria muito má para os autores):

    Um dia um cativo jogando atopou à morte que caira num poço, ele ajudou-a a sair e a morte em agradezemento concedeu-lhe um favor, o neno dixo: “avísa-me antes de vir-me buscar”, a morte aceitou e foi embora.

    Já o neno convertido em velho, um bom dia aparezeu a morte e dixo: “venho-te levar”. O velho dixo-lhe que como nom cumprira o pacto e o avisara, a morte preguntou: “Perdi-ches força?”, “Perdím”; “branqueou-che o cabelo?”, “branqueou”; “engurro-se-che a pel?”, “engurrou”.

    “Entóm, que máis avisos querías?”

    Entóm, que máis avisos queredes?

    RAG, que nojo!!

  9. serna Says:

    http://www.vieiros.com/open/conversa/69/para-que-e-a-quem-serve-a-rag

    Certamente, lume.

  10. lándoas » Arquivo do blogue » Restar para eliminar Says:

    […] da consulta para falaren elas despois. Da primeira motivación nin paga a pena falar (refírome aos fitos de Láncara e demais retablos das marabillas). A segunda constitúe desde o meu punto de vista un craso erro de cálculo. Ou, o que é peor, […]