inPOSTados (3)

“Paréceme que a cultura galega, ata agora, non soubo proxectarse verdadeiramente no exterior. Non abonda con que se fagan traducións de obras galegas a outras linguas, nin con que se creen lectorados no estranxeiro, nin con que se fagan expedicións a Cuba para gastar os cartos en mojitos. Por exemplo, o caso Steiner nunca debera ter ocorrido de termos feito o mesmo que fixeron en Cataluña. Pois ben puidemos ter con alguén de tanta relevancia intelectual atencións semellantes ás que alí se lle renderon”. [Xosé Luís Franco Grande, 2008]

Non dou creto a que isto, nin a maior parte do que arrodea a isto, o escriba (e o escriba tan mal) un académico da RAG. Non dou creto.

5 ResponsesinPOSTados (3) to “”

  1. Hermann Stefánsson Says:

    Fixades vós, por favor, que a questión de cultura/independencia sexa tao ralacionado ao cuestioón económico, que hoxe a pregunta en Islandia é: Queremos ser Noruuegos ou Dinamarqueses? Un país que leva tantos anos, dende hai 1944:
    http://news.bbc.co.uk/2/hi/business/7655227.stm
    a verdade é que estamos aquí a punto de ser unha nación sen estado.

  2. tío Pepin Says:

    En verdade que si, que non é esto un blog, que se trata dun verdadeiro bestiario!

  3. tío Pepin Says:

    http://www.entrebuhistas.com/2006/10/29/eduardo-estevez

    Alguén colgou este enlace nun comentario deixado no blog de Bragado. Cando cremos que xa non se pode agrandar máis un despropósito vai a terca realidade e demóstranos que si, que moito máis. ‘Están locos estos romanos’.

  4. arume dos piñeiros Says:

    Academicémonos todos. Agasallemos ao mundo enteiro coa nosa compostela particular. Déamoslles polo pau. Compremos vontades cada vez que visitemos cidades de por aí. Perfumemos de percebes os padais dos que nos visitan ou poidan algunha vez visitarnos. Leve cada galego en cada viaxe unha misión: repartir pola rúa unha antoloxía de nós en forma de folla volandeira como quen anuncia unha happy hour de piña colada.

  5. Palmiro Calabrese Says:

    Mentres a cultura galega resiste no espazo interior en figura de buraco negro, invisíbel para os seus destinatarios naturais, colonizados de toda caste teiman en mendigar ou esixir seren contemplados en esplendor desde territorios extragalácticos, desde a constelación do Touro-España,sobre todo. ¿Non abondaría con que astros, planetas e satélites do noso sistema emitisen suficiente luz na tebra que ocupa a xeografía enteira do país, entre A Guarda e Ribadeo, de Folgoso do Caurel a Camariñas?