Coñecemento do medio

familia-zolavazquez1senora-siberiana-cos-9-fillos

Olla atentamente para estas tres fotografías de unidades familiares. Despois, le con atención o cuestionario que a Consellería de Educación acaba de facilitarche para que, con garantías e total reserva persoal e familiar, túa nai e teu pai, ou quen sexa, o cubran e o reintegren logo ao centro escolar, preferibelmente sen sobre nin nada, total para que. Ben, ruliñ@, pois agora, tendo á vista o cuestionario e as fotografías da familia (paralela) Zola, da familia desta señora siberiana da dereita que sorrí ou o que sexa pensando na que lle caeu a ela e ao seu tovarich se aínda se ten en pé (igual está en decúbito detrás deles) e a da familia unipersoal do señor que aparece na terceira imaxe (a do medio), casualmente conselleiro da cousa arestora na Xunta de Galicia, indica cantos votos/cuestionarios calculas que cada un deles podería depositar na consulta-chirifú posta en marcha, esa que os teus fillos, se algún día os tes, estudarán como un dos grandes fitos da trapallada, do cinismo e da infamia locoglobais ou globolocais, que tanto ten.

Marca cun circuliño a túa resposta para cada un dos tres casos. Cantos cuestionarios calculas que entregará, onde sexa, a quen sexa e como sexa, cada unha destas tres unidades familiares?

Caso 1, os Zola: 0 – 1-  2 –  entre 5 e 7 – 9 – mogollón – todos.

Caso 2, os Madialevich: 0 -1 -2 – entre 5 e 7 – 9 – mogollón – todos. 

Caso 3, o Vázquez: 0 -1 -2 – entre 5 e 7 – 9 – mogollón – todos.

3 ResponsesCoñecemento do medio to “”

  1. Rue Valette Says:

    Falou xa o oráculo de LVG pola voz do seu Pitoniso RBV e dixo o que xa se sabía, que hai unha maioría silenciosa e unha minoria doente e, máis aínda, un fillo descarriado que non se dá atpado a sí mesmo e non acaba de voltar á casa. Nada di de menudencias legais, éticas ou estéticas. Os oráculos sempre saben o que os mortais descoñecemos ou non acabamos de coñecer.

  2. suroeste Says:

    Ese home debería poñer as gafas porque non só non é máis guapo sen elas, senón que ten un aire de pitoño que non favorece nada a quen debería ser quen de ver un palmo máis aló dos propios fuciños.
    Explícome?

  3. suroeste Says:

    http://nubosidadevariabel.blogspot.com/2009/06/encrucilladas.html