300? Só 300?

 

caravaggio4

300 anotacións con esta, seica. Había que celebralo con algo experimental, non? Así que a decisión foi por Caravaggio. El e a súa discípula Artemisia Gentileschi son dos poucos que pintan Iudit en plena faena. Outros preferiron retratala co traballo feito, mesmo con Holofernes atopado ao día seguinte polos seus servidores, descabezado; ou coa fermosa viúva abandonando o lugar do crime en medio da noite, levando na man sen excesiva prudencia a cabeza do xeneral asirio. Pero esta imaxe de Caravaggio que aparece arriba está en xerundio. E ese é xustamente o tempo político no que agora andamos. Cortando cabezas e tal! Nos medios públicos, por exemplo.

Alén diso, hai que morrer con dignidade. Sobre isto non imos facer cuestión. Pero convén lembrar aquilo do tipo dos lentes. Como era? Sangue? Cadavres? Ah, si! Non tiran ao lixo brazos de panadeiros inmigrantes… Non, non, non era así, que iso é alí pola parte de Levante. Semente? Doazón de que? Non lembro, síntoo. Ah, si! Enterran semente! Están a enterrar semente! Coitados…

 

[Caravaggio, Giuditte e Oloferne (et al., digo eu), 1599]

 

2 Responses300? Só 300? to “”

  1. Rue Valette Says:

    Non lembro se celebrou os outros centos, e dígoo porque o de escoller o 300 semella ter algún retrouso co comic-peli sobre o asunto aquel entre espartanos e persas nas Termópilas.
    A min pilloume o post nunha tarde tamén de guerras e de talladas. Primeiro refocileime masoquistamente unha vez máis con ‘La mirada de Ulises’, ese fresco complexo sobre os Balcáns que Angelopoulos lle puxo nas mans a Harvey Keitel e non sei se con moita fortuna. Logo comecei coa lectura de ‘El encuentro’, o último Kundera e, tamén é casualidade, arranca cun texto adicado a Bacon: ‘El gesto brutal del pintor’. Entrecomilla nun determinado momento do seu discorrer: ‘…lo que sí es seguro es que somos carne. (…) Si voy a un carnicero, siempre me parece sorprendente no estar yo allí, en lugar del animal.’
    Talvez nada de esto que lle conto teña que ver con esta celebración e, ó xeito do can aquel de Paulov, ó ver o pescozo de Holofernes… Talvez unicamente para dicir que aínda hai alguén destoutro lado, para desexarlle outros centos máis. Talvez.

  2. lándoas Says:

    Sempre é grata a súa compaña. Eu veño aquí porque afoga a realidade aí fóra e esta prosa fai que a man descanse da outra escritura. Pero non debería, non debería.