Cooptación e esperanza de vida

No plano institucional, é unha cuestión grave. Por fortuna, a esperanza de vida experimenta modificacións á alza. Faino sen tregua e iso afecta a todo o mundo. En particular, ao mundo acomodado. En que sentido toca iso ás academias, aos consellos nos que non existe un límite de idade para o exercicio dun compromiso executivo e de intervención política e cultural? As circunstancias de excepcionalidade non interesan aquí. Fálase só de aritmética, de medias, de modas estatísticas. Fálase de eficacia social, non de vaidades nin de lexitimacións. E fálase tamén da exclusión. I saw the best minds of my generation e das seguintes facendo roteiros literarios.

6 ResponsesCooptación e esperanza de vida to “”

  1. O cabaleiro da triste figura Says:

    Noraboa por este blog tan interesante. Seguireino mentres dure. E que dure moito.

  2. arume dos piñeiros Says:

    E gracias.

  3. tío Pepin Says:

    Comezou con enerxía desaforada!
    Intentarei seguilo, pero non poñería a man no lume.
    De tódolos xeitos será sempre un pracer ler os seus posts e, se se tercia, colgar un que outro comentario.
    ‘Que le llueva finito’, como din os personaxes dun relato de Bolaño para desexar bo camiño.

  4. Lándoas ou Casas Says:

    Agradécese a benvida, amigos.

  5. igor Says:

    O peor das academias cheias de velhos (e poucas velhas) é que sempre há tras deles um feixe de moços (e poucas moças) desejando que vaiam morrendo para ocupar os seus postos.

  6. lándoas ou casas Says:

    Pode ser, pode ser. Aínda que, como quixen suxerir na anotación previa, non era este o asunto para min na altura de pensar sobre as relacións academia-campo cultural.
    O “peor das academias”, no meu modo de entender, non está nin dentro nin fóra delas. Está precisamente nas relacións inalteradas que como institucións estabelecen coa realidade-mundo.